Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Avaliarase ao alumnado mediante unha proba. A data de realización de dita proba indicarase ao longo do curso. 20
Traballos tutelados Consistirá na presentación oral en galego dun tema tratado en clases.
O alumno deberá realizar un traballo sobre algún contido da materia (o docente entregará ao comezo da materia unha listaxe con temas que poderá elixir o alumno), que será tutelado polo profesor.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumnado examinarase constantemente cos exercicios prácticos que se farán en clases. Consistirá en exercicios de interpretación simultánea de textos non especializados. (20%)
Alén dos exercicios prácticos diarios (para alumnado presencial), haberá unha proba final de interpretación simultánea (50%).
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) O alumnado que siga o curso con asistencia regular ás clases (80% presencial) poderá acollerse ao sistema de avaliación
continua, a proba final coincidirá coa penúltima semana de clases. O que non cumpra co 80% de presencialidade, deberá
presentarse ao exame final de maio que coincidirá co penúltimo día de clases. Para superar a materia, o alumnado que se acolla á avaliación continua, deberá superar a proba final (mínimo da nota: 5).
2) Os alumnos Erasmus seguirán o mesmo método de avaliación.

3) O exame de xullo será igual que o da avaliación única do mes de decembro.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000