Sesión maxistral |
Neste apartado o docente repasará co alumnado os perfis profesionais da interpretación simultánea, as modalidades da actividade e as técnicas de interpretación máis estendidas nas distintas situación comunicativas. Repasaranse os esforzos implicados no proceso de interpretación. A encomenda de interpretación.
Tamén neste apartado trataremos as diferentes técnicas de interpretación simultánea para que os alumnos as poñan en práctica.
Explicaranse en xeral os contenidos teóricos de forma transversal nas sesións prácticas de traballo nos laboratorios de interpretación. |
Prácticas de laboratorio |
Nun primeiro momento faranse exercicios de análise, memoria, reactivación léxica, reformulación. Seguidamente pasarase á práctica da técnica da tradución á vista. Faranse exercicios de preinterpretación. Tradución á vista de diferentes tipos de texto (non especializado). E, finalmente, realizaranse prácticas individuais de IS a partir do visionado e/ou a escoita de sesións reais de conferencias e discursos. Corrección de exercicios. |
Debates |
O docente e os alumnos debatirán sobre as dificultades que teñen á hora de facer os exercicios prácticos. O que se tentará procurar é que entre todos podan resolver problemas que vaian xurdindo ao longo do curso. |