Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado, o docente presentará a materia e a súa programación. Explicará os contidos, a metodoloxía, o funcionamento das cabinas e o sistema de avaliación
Sesión maxistral Neste apartado o docente repasará co alumnado os perfis profesionais da interpretación simultánea, as modalidades da actividade e as técnicas de interpretación máis estendidas nas distintas situación comunicativas. Repasaranse os esforzos implicados no proceso de interpretación. A encomenda de interpretación.
Tamén neste apartado trataremos as diferentes técnicas de interpretación simultánea para que os alumnos as poñan en práctica.
Prácticas de laboratorio Trataremos os criterios de avaliación da tradución á vista. Presentaremos as características, dificultades e estratexias propias da tradución á vista. Exercicios de análise, memoria, reactivación léxica, reformulación. Práctica da técnica da tradución á vista. Faranse exercicios de preinterpretación. Tradución á vista de diferentes tipos de texto (non especializado).
A finalidade é que o alumnado consiga interpretar de forma simultánea ao entender todos os contidos.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar un traballo sobre algún contido da materia (o docente entregará ao comeza da materia unha listaxe con temas que poderá elixir o alumno), que será tutelado polo profesor.
Debates O docente e os alumnos sentaranse para discutir, en forma de terapia, as dificultades que teñen á hora de facer os exercicios prácticos. O que se tentará procurar é que entre todos podan resolver problemas que vaian xurdindo ao longo do curso.
Estudo de casos/análises de situacións Neste apartado visualizaremos vídeos e textos para tentar resolver dificultades que tería un intérprete á hora de traballar.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000