Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Realización dunha proba de interpretación simultánea entre as linguas B-A.
Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisión a respecto da información principal necesaria (estratexia minimax, principio de simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de problemas
2. Contidos: corrección dos contidos;
3. Expresión oral: rexistro; fluidez; seguridade; compás/ritmo;
4. Corrección lingüística e vocabulario
Á marxe da media final, a superación dos apartados 1 ; 2 é condición sine qua non para
superar a proba no seu conxunto.
Non rematar a proba ou deixar calquera elemento sen acabar implicarán suspender a proba no seu conxunto para alén de calquera outra consideración. |
90 |
A2 A3 A4
|
|
C1 C4 C13 C17 C21 C22 C27 C30 C33
|
D1 D4 D9 D22
|
As/Os estudantes que desexaren acollerse á modalidade de
avaliación continua deben comunicalo ao profesor ou á profesora cunha
anterioridade máxima dun mes previa á data do exame final. Independentemente da eventual nota de avaliación contunua, é
imprescindíbel obter unha puntuación mínimo de 5 sobre 10 na proba de
interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se
sumará a puntuación acadada nos outros apartados. A avaliación única levarase a cabo nas mesmas condicións que
o exame final ordinario. Data do exame final 2016: Segundo o publicado no calendario
oficial. A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións
que a primeira. . |