Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
Materias
Interpretación simultánea idioma 1: Inglés-Galego
Avaliación
Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas e/ou exercicios ao longo do curso no desenvolvemento dos exercicios de intrepretación simultánea, sobre todo a tradución á vista 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha proba de interpretación simultánea entre as linguas B-A.

Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:

1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisión a respecto da

información principal necesaria (estratexia minimax, principio de simplificación);

estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de

problemas

2. Contidos: corrección dos contidos;

3. Expresión oral: rexistro; fluidez; seguridade; compás/ritmo;

4. Corrección lingüística e vocabulario

Á marxe da media final, a superación dos apartados 1 & 2 é condición sine qua non para

superar a proba no seu conxunto.

Non rematar a proba ou deixar calquera elemento sen acabar implicarán suspender a

proba no seu conxunto para alén de calquera outra consideración.
90

Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes que desexaren
acollerse á modalidade de avaliación continua deben comunicalo ao profesor ou á
profesora cunha anterioridade máxima dun mes previa á data do exame final.

Para poder optar á avaliación
continua descrita anteriormente (elaboración de discursos, aplicación de
coñecementos teóricos, realización dunha proba de interpretación), cómpre
asistir a 80% das clases. Para alén de máis, é imprescindíbel obter unha
puntuación mínimo de 5 sobre 10 na proba de interpretación simultánea para aprobar
a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros
apartados.

A avaliación única, para aquel@s estudantes
que renunciaren á avaliación continua ou que non cumpriren coa condición da
asistencia mínima ás clases, consistirá nun único exame de interpretación simultánea dun discurso da lingua B-A máis extenso e de maior dificultade (densidade de
información e velocidade), coa posibilidade de introducir tamén algunhas
preguntas finais para interpretar á lingua B.

O exame realizaráse o última semana de clase.

A segunda convocatoria consistirá nun
único exame de interpretación simultánea dun discurso da lingua B-A de tipo
similar á proba realizada na modalidade de avaliación continua, coa
posibilidade de introducir tamén algunhas preguntas finais para interpretar á
lingua B.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000