Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación III: Terminoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba tipo test, de resposta curta e prácticas de análise terminolóxica.
Avaliación individual
40 A3
C18
D4
D6
D22
Resolución de problemas de forma autónoma Asistencia a clase e entrega de traballos de curso (10%). Avaliación individual

Exposición de contidos teóricos (10%). Avaliación individual
20 A2
C3
C8
C17
C18
D4
D6
D22
Presentación Elaboración e presentación do traballo de dossier terminográfico en equipo. Contidos e presentación (10%). Avaliación individual 10 A2
A3
C3
C8
C10
C11
C17
C18
D3
D4
D6
D7
Traballo tutelado Elaboración e presentación dun traballo terminográfico en equipo (30%). Avaliación individual
30 A2
A3
C8
C10
C11
C17
C18
D3
D6
D7
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI  ou do Campus Remoto e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc. 


AVALIACIÓN CONTINUA: 

A docencia desta materia organízase en 2 grupos teóricos e 3 grupos prácticos. A adscrición a cada grupo presencial determinarao a docente, segundo a combinación lingüística e a orde alfabética, e debe respectarse na medida do posible durante todo o curso. 

O alumnado deberá entregar unha ficha de clase nas primeiras semanas do curso para manifestar así a súa decisión de acollerse á avaliación continua. A data límite de entrega de ficha será a primeira semana de outubro de 2023, salvo excepción xustificada ante a docente. Se non o fai nese prazo entenderase que renuncia a ela. En todo caso, para poder acollerse a esta modalidade, tamén é necesario entregar TODAS as tarefas nos prazos indicados. Enténdese que para seguir a avaliación continua é necesario asistir a clase regularmente, en caso contrario, o alumnado que por motivos de traballo ou saúde non poida asistir a todas as clases (presencialmente) deberá comunicarllelo ás profesoras. 

 Para superar a materia mediante o sistema de avaliación continua, a nota de cada unha das partes deberá ser igual ou superior a 5/10


 AVALIACIÓN ÚNICA

No caso de non presentarse por avaliación continua, o alumnado deberá presentarse ao exame final de avaliación única e ademais ten que entregar tamén o traballo tutelado (dicionario). A data desa proba será a do exame oficial aprobado pola Xunta de Facultade. Ambas as probas suporán o 100% da materia e terá lugar nas datas que se indiquen oficialmente e que se publicarán tamén na plataforma. 
O exame constará das seguintes partes: 
a) Proba teórica tipo test ou resposta curta (30 %) 
b) Proba práctica (30 %) 
c) Traballo individual tutelado consistente na elaboración dun dicionario terminográfico (40 %) que se entregará de modo previo á realización do exame na data oficial. 
 É igualmente necesario superar cada unha das partes (probas e dicionario) cun 5/10 para superar a materia


CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse ao exame da 2ª convocatoria, que suporá o 100% da nota, salvo indicación en contrario da docente. Esta proba realizarase nas mesmas condicións que a avaliación única (exame teórico e práctico e entrega de dicionario elaborado previamente) e terá lugar na data oficial do Calendario de Exames aprobado en Xunta de Facultade. 

Independentemente do sistema de avaliación elixido, quen incorra en plaxio ou copia total ou parcial NON SUPERARÁ a materia ao supoñer un 0 na cualificación do traballo, tarefa ou proba plaxiada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000