Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación III: Terminoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba tipo test e de resposta curta 40 A3
A5
C5
C18
D4
D6
D22
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Entrega de traballos de curso 10 A2
C3
C5
C8
C17
C18
D4
D6
D22
Presentacións/exposicións Traballo de dossier terminográfico. Contidos e presentación 20 A2
A3
C3
C5
C8
C10
C11
C17
C18
D3
D4
D6
D7
Traballo tutelado Presentación dun traballo terminográfico (30%)
30 A2
A3
A5
C5
C8
C10
C11
C17
C18
D3
D6
D7
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA:

O alumnado deberá entregar unha ficha de clase nas dúas primeiras semanas do curso para manifestar así a súa decisión de acollerse á avaliación continua. Se non o fai nese prazo entenderase que renuncia a ela. En todo caso, para poder acollerse a esta modalidade, é necesario entregar todas as tarefas nos prazos indicados. O alumnado que por motivos de traballo ou saúde non poida asistir a todas as clases deberá comunicarllo persoalmente á profesora. Para superar a materia mediante o sistema de avaliación continua a nota de cada unha das partes deberá ser igual ou superior a 4/10.

AVALIACIÓN ÚNICA:

No caso de non presentarse por avaliación continua, o alumnado deberá presentarse ao exame final de avaliación única, que suporá o 100% da materia e terá lugar nas datas que se indiquen no calendario oficial. O exame constará das seguintes partes:

a) Proba teórica tipo test e resposta curta (30 %)
b) Proba práctica (30 %)
c) Traballo individual tutelado consistente na elaboración dun diccionario terminográfico (40 %) que se entregará de modo previo á realización do examen.
É igualmente necesario superar cada unha das partes para superar a materia.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO:

No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse ao exame da convocatoria de xullo, que suporá o 100% da materia; realizarase nas mesmas condicións que se fose de avaliación única e terá lugar na data oficial indicada polo Decanato.

Independentemente do sistema de avaliación elixido non superará a materia quen Incorra en plaxio ou copia total ou parcialmente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000