Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación III: Terminoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Exporanse preguntas ao alumnado acerca da materia explicada, así como das lecturas complementarias fornecidas. 4 D7
D9
D14
D15
D22
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Os alumnos presentarán, oralmente ou por escrito -segundo o estime o profesor-, os resultados dos exercicios propostos. 8 C5
C8
C12
D2
D6
D7
D9
D14
D23
D24
Estudo de casos/análises de situacións Os alumnos darán conta argumentadamente, de forma oral ou por escrito -segundo o estime o profesor-, dos resultados obtidos nos sucesivos estudos de casos que leven a cabo. 8 C5
C8
C12
D2
D4
D6
D7
D9
D14
D22
D23
Probas de tipo test Ao final de curso, realizarase unha proba tipo test, en que se avaliará o nivel de coñecementos teóricos do alumno. Nesta proba poderase esixir ao alumno a argumentación concisa das súas respostas. 40 C5
C12
D2
D4
D7
D9
D14
D15
D22
D23
Traballos e proxectos Ao longo do cuadrimestre, de forma individual ou en grupo non superior a seis membros, elaborarase un traballo terminográfico, consistente basicamente nun ficheiro terminolóxico, que se entregará ao final do cuadrimestre. 40 C5
C8
C10
C11
C12
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D11
D12
D14
D15
D22
D23
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación continua só está vencellada á primeira convocatoria e a nota correspondente a ela resultará das intervencións dos alumnos en clase e da resolución de exercicios expostos ao longo do cuadrimestre.

2. A avaliación única constará dunha proba tipo test e do traballo terminográfico, cada un dos cales valerá, neste caso, o 50% da nota final.

3. O dereito á avaliación continua pérdese tras 4 ausencias inxustificadas ás sesións en que se requiriu a intervención do alumno.

4. Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar independentemente a proba tipo test e o traballo terminográfico. Por tanto, se un alumno non supera unha parte da materia, en acta aparecerá como suspenso; se supera unha parte e non se presenta á outra, en acta aparecerá como non presentado.

5. Se un alumno non aproba unha parte da materia ou non se presenta a ela, pero supera a outra -sexa a teórica ou a práctica-, consérvaselle a nota desta para edicións e convocatorias posteriores.  
 
6. Ao final de cuadrimestre, se o docente o considera necesario, poderá convocar aos alumnos individualmente a fin de obter información complementaria -acerca dos seus coñecementos e destrezas- que lle permita optimizar a súa avaliación.

7. Para poder dar conta da avaliación continua, é necesario que os alumnos entreguen ao profesor unha ficha de materia cos seus datos persoais e fotografía. Esta ficha entregarase persoalmente no quince primeiros días de clase.

8.  Para a avaliación final dos aspectos teóricos da materia, existirán dúas oportunidades: o exame final stricto sensu -que terá lugar na data fixada polo decanato e ao que deberán presentarse os alumnos de avaliación única- e o "exame previo" -que se realizará durante a semana previa ao exame final -ambos do mesmo tipo e centrados nos mesmos contidos. Os alumnos de avaliación continua que o desexen poderán presentarse ao exame previo; quen o supere quedará liberado da parte teórica; quen non o supere ou non se presente ao exame previo deberá presentarse ao exame final. 

9. O traballo terminográfico entregarase o día da realización do exame final ou ben o día que se acorde cos alumnos. 

10. Na convocatoria de xullo, que se rexerá polos mesmos criterios que a de xaneiro, os alumnos cuxo traballo terminográfico non obtivese o aprobado na convocatoria de xaneiro poderán presentar ese mesmo traballo coas correccións sinaladas polo docente, ou ben elaborar un novo traballo terminográfico e presentalo. No primeiro caso, a nota máxima que se poderá obter será de 2/4 (ou de 2.5/5, para os alumnos de avaliación única); no segundo caso, non haberá limitación para a obtención da nota máxima.

11. Todo o explicitado na presente guía docente será tamén de aplicación para os alumnos de intercambio, que, por outra banda, deberán posuír un bo nivel de competencia da lingua española que lles permita seguir as clases sen dificultade. 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000