1. A avaliación continua só está vinculada á primeira convocatoria e a nota correspondente a ela resultará das intervencións dos alumnos en clase e da resolución de exercicios expostos ao longo do cuadrimestre. 2. A avaliación única constará de próbaa tipo test e do traballo terminográfico, cada un dos cales valerá, neste caso, o 50% da nota final.
3. O dereito á avaliación continua pérdese tras 4 ausencias inxustificadas a senllas sesións en que se requiriu a intervención do alumno.
4. Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar independentemente a próba tipo test e o traballo terminográfico. Por tanto, se un alumno non supera unha parte da materia, en acta aparecerá como suspenso; se supera unha parte e non se presenta á outra, en acta aparecerá como non presentado.
5. Se un alumno non aproba unha parte da materia ou non se presenta a ela, pero supera a outra -sexa a teórica ou a práctica-, consérvaselle a nota desta para edicións e convocatorias posteriores. 6. Ao final de cuadrimestre, se o docente considérao necesario, poderá convocar aos alumnos individualmente a fin de obter información complementaria -acerca dos seus coñecementos e destrezas- que lle permita optimizar a súa avaliación.
7. Para poder dar conta da avaliación continua, é necesario que os alumnos entreguen ao profesor unha ficha de materia cos seus datos persoais e fotografía. Esta ficha entregarase persoalmente no quince primeiros días de clase.
8. Para a avaliación final dos aspectos teóricos da materia, existirán dúas oportunidades : o exame final stricto sensu -que terá lugar o día 9 de decembro- e o "exame previo" -o 2 de decembro-, ambos os do mesmo tipo e centrados nos mesmos contidos. Os alumnos que o desexen poderán presentarse ao exame previo; quen o superen quedarán liberados da parte teórica; quen non o superen ou non se presenten ao exame previo deberán presentarse ao exame final. Se o docente estima que a carga de traballo dos alumnos no resto das materias no mes de decembro é excesiva e impide a adecuada preparación dos exames de Terminoloxía, estes poderían posporse, co acordo dos alumnos, aos días 13 -exame previo- e 16 -exame final- de xaneiro de 2015.
9. O traballo terminográfico entregarase o día da realización do exame final ou ben o día que se acorde cos alumnos.
|