Sesión maxistral |
As clases maxistrais permitirán a transmisión de información fundamental, teórica e metodolóxica, desde o docente aos discentes e complementaranse con metodoloxías integradas, como son o ensino baseado en proxectos de aprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa, para fomentar tanto a intervención activa dos alumnos en clase, como a toma de responsabilidades dos mesmos no desenvolvemento da súa formación académica. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Como aplicación práctica do explicado nas clases maxistrais, proporase aos estudantes a realización de exercicios, parte dos cales deberán ser entregados a través da plataforma de teledocencia, dentro dos prazos que se establezan. |