Práctica de laboratorio |
A proba constará de dúas partes:
1. Proba de interpretación de enlace (IE) dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados pola profesora nas linguas da combinación (francés e castelán). (50%)
Cualificaranse os seguintes elementos: -técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas.
-contidos: coherencia intra e intertextual
-produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
- expresión: gramática e léxico.
No caso de ter fallos gramaticais en todas as intervencions en lingua francesa suspenderase a proba.
Se queda algunha intervención ou frase sen rematar suspenderase a proba.
2. Produción e enunciación dun discurso en lingua francesa na que se valorarán os elementos xa citados: contido (coherencia intratextual), expresión e produción. (35%) |
50+35 |
|
|
C1 C4 C18
|
D1 D4 D7 D8 D14 D15
|
1º CONVOCATORIA (DEC-XANEIRO) As probas para a avaliación continua desenvolveranse de forma presencial durante o período lectivo, en datas pactadas polo profesorado e o estudantado que serán publicadas na plataforma de teledocencia. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de IE para dar por aprobada a materia; consistirán nunha proba teórica así coma unha proba práctica: unha interpretación de enlace (IE) dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados nas linguas da combinación francés e castelán e de produción dun discurso en francés
Tanto a avaliación única (para as/os estudantes que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria (xuñol) consistirán nunha
proba teórica, así como unha proba práctica: unha interpretación de enlace (IE) dunha entrevista ou intercambio
de opinións enunciados nas linguas da combinación francés e castelánl e de produción
dun discurso en francés. Realizaranse na data oficial fixada polo centro. En ámbolos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de IE.
|