Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Teranse en conta só para os estudantes que se acollan á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IE e a entrega das correccións das prácticas de clase coa análise da súa evolución así como a elaboración y enunciación de intervencións baixo a forma de entrevistas, debates ou negociacións que serán posteriormente interpretados polos estudantes
15 C1
C3
C4
C17
C18
C21
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D15
D16
D18
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. A proba consistirá nunha proba de interpretación de ligazón (IE) dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados polo profesor nas linguas da combinación (francés e español) Cualificaranse os seguintes elementos: -técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas. -contidos: coherencia intra e intertextual- -produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia. - gramática e léxico. No caso de ter fallos gramaticais en todas as intervencions na lingua francesa suspenderase a proba.
Se queda algunha intervención ou frase sen terminar suspenderase a proba.
85 C1
C3
C4
C17
C18
C21
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D15
D16
D18
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que non se acollan á avaliación continua deberán comunicalo nas primeiras semanas de curso. Requírese asistencia regular. É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba final para dar por aprobada a materia; esta proba terá lugar na data oficial fixada polo centro e  será publicada en FAITIC. 

A proba final da a avaliación continua celebrarase nunha das dúas últimas sesións de clase, previo acordo co estudantado.

Tanto a avaliación única (para aqueles/os alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nunha proba de interpretación de ligazón (IE) dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados nas linguas da combinación francés e español na data oficial fixada polo centro. Nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000