Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
A proba consistirá nunha IE dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados polo profesor nas linguas da combinación (francés e español) Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas.
-contidos: coherencia intra e intertextual
-produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
- gramática e léxico.
No caso de non rematar algunha das intervencións suspenderase a proba.
No caso de ter fallos gramaticais en todas as intervencions na lingua francesa suspenderase a proba. |
90 |
Para poder optar á avaliación continua explicitada anteriormente será obligatorio comunicalo nas primeiras semanas de curso e asistir ao 80% das clases. É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba final para dar por aprobada a materia; esta proba terá lugar na sesión oficial de clase o 9-12-14. Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua), como a segunda convocatoria, consistirán nunha proba de interpretación de enlace dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados nas linguas da combinación francés e español o día 16-12-14 na franxa horaria de clase. Nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba. |