Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Traballos de aula. Teranse en conta só para os estudantes que se acollan á avaliación contínua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IE así como a elaboración e enunciación de intervencións baixo a forma de entrevistas, debates ou negociacións que serán posteriormente interpretados polos estudantes. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. A proba consistirá nunha IE dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados polo profesor nas linguas da combianción (francés e español) Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas.
-contidos: coherencia intra e intertextual
-produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
- gramática e léxico. No caso de non rematar algunha das intervencións suspenderase a proba.
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua explicitada anteriormente será obligatorio comunicalo nas primeiras semanas de curso e asistir ao 80% das clases.
É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba final para dar por aprobada a materia.
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua), como a segunda convocatoria, consistirán nunha proba de interpretación de enlace dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados nas linguas da combinación francés e español o día 4-12-13 durante a  sesión oficial de clase. Nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000