Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias (*)Descrición da materia e do curso. Formulación de obxectivos. Descrición da metodoloxía. Formulación dos criterios de avaliación.
Traballos de aula (*)Familiarización cos equipos de interpertación. Explicación e prácticas de exercicios introdutorios á IE. Corrección de exercicios. Produción e enunciación de intervencións para a súa posterior interpretación.
Prácticas autónomas a través de TIC (*)Prácticas individuais de IE (1-1, 2-2) a partir de visionado e escoita de sesións reais de entrevistas e debates en liña. Corrección de exercicios.
Titoría en grupo (*)Recoñecemento de fenómenos relevantes. Identificación e localización de problemas de lingua,
de referencias culturais e sociais, gramática de contraste, e tradución. Procura de solucións:
tácticas e estratexias de traballo adaptadas a necesidades e capacidades de estudantes.
Sesión maxistral (*)Explicación de contidos teóricos da materia que se impartirán de forma transversal nas sesións prácticas de traballo nas aulas (laboratorios de interpretación).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000