Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IE así como a elaboración e enunciación de intervencións baixo a forma de entrevistas, debates ou negociacións que serán posteriormente interpretados polos estudantes. 10 C1
C3
C4
C18
C21
C22
D1
D4
D6
D14
D18
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. A proba consistirá nunha IE dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados polo profesor nas linguas da combianción (francés e galego). Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas.
-contidos:
coherencia intra- e intertextual -produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
- gramática e léxico. No caso de non rematar algunha das intervencións suspenderase a proba.
90 C1
C3
C4
C18
C21
C22
D1
D4
D6
D14
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A data oficial para a proba final tanto para o alumnado de avaliación contínua como única será a
data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

Os/as alumnos/as que decidan acollerse á avaliación contínua deberán entregar un traballo de interpretación de enlace na data acordada dentro da aula entre docente e alumnos/as. Este exercicio dará dereito á obtención de 0,5 puntos que se sumarán á nota da proba final.

É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba final para dar por aprobada a materia.
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua), como a segunda convocatoria, consistirán nunha proba de interpretación de enlace dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados nas linguas da combinación francés e galego. Nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000