Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Traballos de aula. Teranse en conta so para os estudantes que se acollan á avaliación contínua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IE así como a elaboración e enunciación de intervencións baixo a forma de entrevistas, debates ou negociacións que serán posteriormente interpretados polos estudantes. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. A proba consistirá nunha IE dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados
polo profesor nas linguas da combianción (francés e galego) Cualificaranse os seguintes elementos: -técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas. -contidos:
coherencia intra e intertextual- -produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia. - gramática e léxico. No caso de non rematar algunha das intervencións suspenderase a proba.
85
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua explicitada anteriormente será obligatorio comunicalo nas primeiras semanas de curso e asistir ao 80% das clases.

A data oficial para a proba final coincidirá co último día de clase: 11 de decembro de 2013 ás 9:00 no propio laboratorio onde se imparta a materia.

É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba final para dar por aprobada a materia.
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua), como a segunda convocatoria, consistirán nunha proba de interpretación de enlace dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados nas línguas da combinación francés e galego. Nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000