Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Todo o alumnado deberá realizar un resumo oral sobre un dos aspectos teóricos presentados durante as sesións maxistrais.
As exposicións faranse durante a primeira semana de outubro.
15 C3
C4
C6
C8
C13
C17
C21
D1
D6
D7
Traballos de aula O alumnado realizará e entregará un mínimo de 3 traballos de IE durante o cuadrimestre.
Todo o alumnado deberá realizar unha proba que consistirá nunha IE y que será corrixida e avaliada. Dita proba realizarase na data de exame oficial fixada polo Decanato e será imprescindible ter polo menos un 5 na devandita proba para facer a media co resto de notas e aprobar a materia.
No caso do alumnado que siga a avaliación continua dita proba será o 60% da nota. Para aqueles que non sigan a avaliación continua, dita proba será o 100% da nota.
60 C1
C2
C3
C4
C6
C8
C13
C17
C20
D4
D6
D7
D10
D11
D15
D22
Presentacións/exposicións O alumnado en grupos realizará unha exposición en clase sobre algún dos ámbitos nos que leva a cabo a IE. Todos os membros dun mesmo grupo, recibirán a mesma cualificación pola exposición que realicen en clase. É importante, por tanto, traballar ben en equipo. 20 C2
C3
C5
C8
C13
C17
C20
D5
D7
D10
D11
Foros de discusión Todo o alumnado deberá achegar comentarios sobre dúbidas/problemas que xurdan durante o desenvolvemento da materia, mediante o uso do “foro de discusión” da plataforma TEMA. Será necesario realizar polo menos tres entradas "elaboradas" durante o curso para obter unha cualificación. 5 C8
C17
D4
D6
D7
D10
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado o carácter práctico da materia, para a avaliación continua é moi recomendable acudir regularmente a clase e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se detallan na presente guía. O alumnado que non asista regularmente a clase, deberá realizar os traballos descritos (resumo oral da parte teórica, traballo en grupo e exposición oral, interpretación de enlace e participación en foro de discusión).  

O alumnado que renuncie á avaliación continua terá que facer un exame na data oficial que estableza o decanato. O exame consistirá na realización dunha interpretación de enlace sobre algún dos ámbitos incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será o 100% da cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar a materia.

Na convocatoria extraordinaria de xullo o alumnado realizará un exame final na data oficial que estableza o Decanato e que consistirá na realización dunha interpretación de enlace sobre algún dos ámbitos incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será a cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar.

Aviso importante:

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000