Traballos de aula |
O alumnado realizará e entregará un mínimo de 3 traballos de IE durante o cuadrimestre. Todo o alumnado deberá realizar unha proba que será corrixida e avaliada. Dita proba realizarase ao final do cuadrimestre. Será imprescindible ter polo menos un 5 na devandita proba para aprobar. No caso do alumnado que siga a avaliación continua, dita proba será o 60% da nota. Para aqueles que non sigan a avaliación continua, dita proba será o 100% da nota. |
60 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C11 C12 C13 C14 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C23
|
D1 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22 D23 D24
|
Presentacións/exposicións |
O alumnado en grupos realizará unha exposición en clase sobre algún dos ámbitos nos que se leva a cabo a IE. Todos os membros dun mesmo grupo recibirán a mesma cualificación pola exposición que realicen en clase. É importante, por tanto, traballar ben en equipo. |
20 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C11 C12 C13 C14 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C23
|
D1 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22 D23 D24
|
Foros de discusión |
Todo o alumnado deberá achegar comentarios sobre dúbidas/problemas que xurdan durante o desenvolvemento da materia, mediante o uso do "foro de dúbidas" da plataforma TEMA. |
5 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C11 C12 C13 C14 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C23
|
D1 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22 D23 D24
|
Para a avaliación continua é preciso asistir regularmente ás clases e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se detallan na presente guía. Aqueles alumnos que renuncien á avaliación continua terán que facer un exame cara ao final do cuadrimestre (comunicarase a data exacta mediante a plataforma TEMA) que consistirá na realización dunha interpretación de enlace sobre algún dos temas incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será o 100% da cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar a materia. Na convocatoria extraordinaria de xullo o alumnado realizará un exame final na data oficial que consistirá na realización dunha interpretación de enlace sobre algún dos temas incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será a cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar. |