Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Cada estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto á docente desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías. Non se descarta a necesidade de máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos mínimos da materia. Mesmo neste caso, recoméndase que a/o estudante consulte as súas dúbidas canto antes coa docente para que esta o/a axude a buscar formas de superalas a tempo.
Prácticas de laboratorio Avaliación formativa na clase baseada na matriz de valoración que se empregará na proba final da materia. Nas titorías a docente axudará ao alumnado a reflexionar sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñar un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia.
Probas Descrición
Autoavaliación A metade do cuadrimestre, cada estudante deberá presentarlle á docente unha diagnose da súa evolución na aprendizaxe da materia, detectando os seus puntos fortes, débiles e mais as causas destes últimos. Así mesmo, proporá formas para superalos. Como punto de partida, terá en conta tanto a grella de autoavaliación subministrada pola docente como a matriz de valoración que se empregará na proba prevista a final do cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000