Sesión maxistral |
Trátase de clases teóricas nas que se expoñen os aspectos máis relevantes da teoría da interpretación. A profesora explicará os aspectos teóricos e o alumnado deberá realizar unhas lecturas obrigatorias e resumos orais sobre as mesmas que se incluirán na avaliación. |
Presentacións/exposicións |
Actividade teórico-práctica. O alumnado fará unha exposición en grupo sobre os distintos ámbitos nos que leva a cabo a interpretación de enlace. As exposicións irán acompañadas dun roleplay e un glosario sobre o tema escollido por cada grupo. |