Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Subjects
  Liaison interpretation language 1: English-Spanish
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Introductory activities Trátase dunha actividade introductoria. Presentarase o temario da materia, así como a metodoloxía que se aplicará. Tamén se presentará o modo de avaliación.
Master Session Trátase de clases teóricas nas que se expoñen os aspectos máis relevantes da teoría da interpretación. A profesora explicará os aspectos teóricos e o alumnado deberá realizar unhas lecturas obrigatorias e resumos orais sobre as mesmas que se incluirán na avaliación.
Classroom work Trátase de traballo práctico. Realizaranse actividades secuenciadas relacionadas coas principais estratexias para a interpretación de enlace así como exercicios prácticos de interpretación de enlace nos diferentes ámbitos. Á parte dos traballos realizados na aula, a profesora orientará ao alumnado sobre os traballos prácticos de interpretación que deberán facer pola súa conta, algúns dos cales serán avaliados.
Presentations / exhibitions Actividade teórico-práctica. O alumnado fará unha exposición en grupo sobre os distintos ámbitos nos que leva a cabo a interpretación de enlace. As exposicións irán acompañadas dun roleplay e un glosario sobre o tema escollido por cada grupo.
Forum Index Actividade práctica orientada á resolución de problemas e dúbidas, sobre todo de carácter técnico e terminolóxico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000