Presentacións/exposicións |
Todos os membros dun mesmo grupo recibirán a mesma cualificación pola exposición que realicen na clase. É importante, polo tanto, ser quen de traballar ben en equipo. Data de entrega dos traballos 4 de novembro.
|
20 |
Traballos de aula |
Os alumnos realizarán e entregarán un mínimo de 3 traballos de interpretación durante o cuadrimestre e será necesario ter como mínimoun 5 para aprobar. |
30 |
Para a avaliación continua é imprescindible cumprir cun mínimo do 80% de horas presenciais e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se explican polo miúdo na presente guía.
Aqueles alumnos que renuncien á avaliación continua terán que facer un exame final o 9 de decembro que consistirá na realización dunha interpretación de enlace e unha proba teórica sobre algún dos temas incluídos no temario. A cualificación obtida no exame final será a cualificación final da materia.
Os alumnos que fagan avaliación continua e superen todos os traballos de clase agás a proba final, terán que presentarse ao exame na convocatoria de xullo e gardaráselles a nota dos traballos nesa convocatoria. Non se gardarán as notas dos traballos de clase nas seguintes convocatorias.
Os alumnos que non fixeron avaliación continua, na convocatoria extraordinaira de xullo realizarán un exame final na data oficial que consistirá na realización dunha interpretación de enlace e unha proba teórica sobre algún dos temas incluídos no temario. A cualificación obtida no exame final será a cualificación final da materia. |