Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Todos os alumnos deberán entregar un resumo sobre un dos aspectos teóricos presentados durante as sesións maxistrais. Data de entrega 28 de outubro. 10
Presentacións/exposicións Todos os membros dun mesmo grupo recibirán a mesma cualificación pola exposición que realicen na clase. É importante, polo tanto, ser quen de traballar ben en equipo. Data de entrega dos traballos 4 de novembro.
20
Foros de discusión
Todos os alumnos deberán aportar comentarios sobre dúbidas/problemas que aparezan durante o desenvolvemento da materia, mediante o uso do “foro de dúbidas” que se creará a tal efecto en FAITIC.
5
Traballos de aula Os alumnos realizarán e entregarán un mínimo de 3 traballos de interpretación durante o cuadrimestre e será necesario ter como mínimoun 5 para aprobar. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Todos os alumnos deberán facer unha proba que será corrixida e avaliada. Esta proba terá lugar o 9 de decembro e será necesario ter como mínimo un 5 para aprobar. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a avaliación continua é imprescindible cumprir cun mínimo do 80% de horas presenciais e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se explican polo miúdo na presente guía.


Aqueles alumnos que renuncien á avaliación continua terán que facer un exame final o 9 de decembro que consistirá na realización dunha interpretación de enlace e unha proba teórica sobre algún dos temas incluídos no temario. A cualificación obtida no exame final será a cualificación final da materia.


Os alumnos que fagan avaliación continua e superen todos os traballos de clase agás a proba final, terán que presentarse ao exame na convocatoria de xullo e gardaráselles a nota dos traballos nesa convocatoria. Non se gardarán as notas dos traballos de clase nas seguintes convocatorias.


Os alumnos que non fixeron avaliación continua, na convocatoria extraordinaira de xullo realizarán un exame final na data oficial que consistirá na realización dunha interpretación de enlace e unha proba teórica sobre algún dos temas incluídos no temario. A cualificación obtida no exame final será a cualificación final da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000