Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Trátase de clases teóricas nas que se expoñen os aspectos máis relevantes da teoría da interpretación. A profesora explicará os aspectos teóricos e os alumnos deberán realizar unhas lecturas obrigatorias e entregar resumos das devanditas lecturas. Os resumos entregados polos alumnos formarán parte da avaliación.
Actividades introdutorias Trátase dunha actividade introdutoria na que se presentará o temario da materia, así como a metodoloxía que se aplicará. Tamén se presentará o modo de avaliación.
Presentacións/exposicións Actividade teórico-práctica na que os alumnos farán unha exposición en grupo sobre os distintos ámbitos nos que se leva a cabo a interpretación de enlace. As exposicións irán acompañadas dun role play e un glosario relacionados co ámbito de aplicación escollido por cada grupo.
Foros de discusión Actividade práctica orientada á resolución de problemas e dúbidas, especialmente de carácter técnico e terminolóxico.
Traballos de aula Trátase de traballo práctico no que se van realizar actividades secuenciadas relacionadas coas principais estratexias de interpretación de enlace e exercicios prácticos de interpretación de enlace nos diferentes ámbitos. A profesora tamén orientará aos alumnos sobre os traballos prácticos de interpretación que deberán facer pola súa conta, algúns dos cales serán avaliados.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000