Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución Idioma 2, II: Portugués-Español
   Plan de Continxencias
 
Descrición

Na modalidade mixta, unha parte do estudantado permanecerá na aula ao tempo que a outra parte seguirá a clase dun modo preferentemente síncrono, ou dun modo asíncrono se a ferramenta utilizada así o aconsella. As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas tanto na modalidade mixta como presencial, mentres que os grupos e as quendas se adaptarán para cumprir coa normativa sanitaria.

Manterase as metodoloxías, os contidos e a avaliación. As titorías realizaranse coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e Moovi).

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000