Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma Realización de catro encargos de tradución que reproducen as características do labor profesional. Tales encargos de tradución
estarán distribuídos regularmente ao longo do período docente nas datas que comunicará a profesora oportunamente.
80 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE9
CE12
CE21
CE24
CE25
CE26
CE27
CE33
CT1
CT3
CT4
CT9
CT12
CT15
Resolución de problemas e/ou exercicios Consistirá na lectura dunha obra que indicará a profesora ao comezo da materia e na elaboración dun comentario sobre os aspectos que máis lles chame a atención ao alumnado. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación. Na avaliación continua o estudante dispón da posibilidade de ir superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados ao longo do curso. No caso de non entregar nas datas indicadas algún dos encargos correspondentes, ou en caso de detectarse plaxio ou copia nalgún dos traballos, o estudante perderá a oportunidade de realizar a avaliación continua.

A presentación dos catro encargos e o traballo do libro é condición imprescindible para superar a materia en
primeira convocatoria. Na segunda convocatoria (xullo) existe a
posibilidade de entregar os encargos pendentes e o traballo do libro, xa que se gardan as cualificacións aprobadas na avaliación
continua.

Na segunda modalidade de avaliación o estudante dispón da posibilidade de dar conta da materia por medio dunha proba (80 % da nota) e da elaboración dun traballo da obra que se indicou ao comezo da materia (20 %). A proba que se realizará na convocatoria de xullo consistirá nunha tarefa de tradución (80 % da nota) que se desenvolverá de modo presencial na data indicada no calendario de exames da FFT e a elaboración do traballo do libro indicado (20 %) no mesmo prazo. En caso de ser detectada e comprobada a existencia de copia ou plaxio nalgún dos encargos, traballos ou probas, o alumno perderá a oportunidade de examinarse na convocatoria correspondente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000