Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realización dun encargo de tradución que reproduce as características do labor profesional. 30 A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C12
C24
C25
C26
C33
D1
D3
D4
D12
D15
Traballo Consistirá na lectura dunha obra en portugués que indicará a profesora ao comezo da materia e na elaboración dun comentario sobre determinados aspectos que se indicarán na clase. 30 A2
A4
A5
C1
C4
C12
C24
C25
C26
D3
D4
D15
Debate Valorarase a participación activa do alumnado nas sesións presenciais. 10 A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C12
C24
C25
C26
C33
D1
D3
D4
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dun encargo de tradución que reproduce as características do labor profesional. 30 A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C12
C24
C25
C26
C33
D1
D3
D4
D12
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación. Na avaliación continua o estudantado dispón da posibilidade de ir superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados ao longo do curso. No caso de non entregar nas datas indicadas algún dos encargos correspondentes, a nota dese traballo será 0. É obrigatorio entregar en Moovi todos os traballos que se foren
corrixindo na clase, mesmo que non conten directamente para nota.

Na segunda modalidade de avaliación (única), o estudantado dispón da posibilidade de dar conta da materia por medio dunha proba (70 % da nota) e da elaboración dun traballo da obra que se indicou ao comezo da materia (30 %). A proba que se realizará na convocatoria de xuño-xullo consistirá nunha tarefa de tradución (70 % da nota) que se desenvolverá na data indicada no calendario de exames da FFT e a entrega do traballo do libro indicado (30 %) no mesmo prazo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000