Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Realización de seis encargos de tradución que reproducen as
características do labor profesional. Tales encargos de tradución
estarán distribuídos regularmente ao longo do
período docente nas datas comunicadas polo profesor ao comezo do curso.
100 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C9
C12
C21
C24
C25
C26
C27
C33
D1
D3
D4
D9
D12
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación. Na avaliación continua o estudante dispón da posibilidade de ir superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados ao longo do curso. No caso de non entregar nas datas indicadas algún dos encargos correspondentes, ou en caso de detectarse plaxio ou copia nalgún dos traballos, o estudante perderá a oportunidade de realizar a avaliación continua. 


Na segunda modalidade de avaliación o estudiante dispón da posibilidade de dar conta da materia por medio dunha única proba ou tarefa. Esta consistirá na realización dunha tarefa de tradución para entrega na data establecida no calendario de exames da FFT. A proba a ser realizada na convocatoria de xullo consistirá tamén nunha tarefa de tradución que se desenvolverá de modo presencial na data indicada no calendario de exames da FFT. En caso de ser detectada e comprobada a existencia de copia ou plaxio nalgún dos encargos, traballos ou probas, o alumno perderá a oportunidade de examinarse na convocatoria correspondente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000