Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de seis encargas de tradución que reproducen as características do labor profesional. Tales encargas de tradución estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente tendo en conta o reparto da carga lectiva entre os dous docentes que se deberá levar a cabo. 100 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C9
C12
C21
C24
C25
C26
C27
C33
D1
D3
D4
D9
D12
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Con relación á nota total da materia, e de acordo coa carga lectiva
asignada, Xosé Manuel Dasilva (27 horas) responsabilizarase de cualificar sobre 5,6 puntos
e Óscar Ferreiro Vázquez (21 horas) sobre 4,4 puntos.

Establécense dous sistemas de avaliación, o primeiro deles de natureza
continua.

O sistema de avaliación de natureza continua baséase na realización de seis
encargas de tradución, das cales tres se levarán a cabo con Xosé Manuel Dasilva
e as tres restantes con Óscar Ferreiro Vázquez. As datas das referidas encargas de tradución
comunicaranse debidamente con abonda antelación ao alumnado, unha vez levado a cabo o reparto da carga lectiva entre os dous docentes.

O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non se acolla ao
sistema de avaliación continua para a convocatoria de decembro e a todo o
alumnado para a convocatoria de xullo, é unha proba única de pretradución e/ou
tradución por cada docente referida aos contidos do programa. No caso de Óscar
Ferreiro Vázquez, este poderá acordar co alumnado a realización doutro tipo de
proba en lugar da mencionada proba única. As datas da convocatoria de decembro
serán comunicadas debidamente con abonda antelación ao alumnado, unha vez levado a cabo o reparto da carga lectiva entre os dous docentes, mentres que a
data da convocatoria de xullo será fixada polo Decanato.

O alumnado Erasmus deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da lingua
de partida e un coñecemento de tipo alto da lingua de chegada.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución e/ou na proba terá como
consecuencia unha valoración final negativa.

Xosé
Manuel Dasilva impartirá os temas 1, 2 e 4 dos contemplados como contidos da
materia. Óscar Ferreiro Vázquez impartirá os temas 3 e 4.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000