Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades sobre os contidos da materia que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas de xeito sucesivo ao longo do período docente. Efectuarase unha proba presencial final por parte de cada docente relativa a esas actividades. 60
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de tres tarefas que reproducen as características do labor profesional. Tales tarefas estarán distribuídas de xeito sucesivo ao longo do período docente. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Con relación á nota total da materia, e consonte a carga lectiva asignada,
o profesor Dasilva Fernández responsabilizarase de cualificar sobre 7 puntos e
a profesora Domínguez Araújo sobre 3 puntos.

Establécense dous sistemas de avaliación.

O primeiro sistema de avaliación, de natureza continua, esixe un mínimo de
asistencia do 80% ás sesións presenciais de cada un dos dous docentes. Tal
sistema de avaliación baséase na realización de dúas probas presenciais vinculadas ás actividades abordadas nas sesións e tres
tarefas presenciais.

O profesor Dasilva Fernández encargarase de unha proba presencial e dúas
tarefas presenciais (agás, neste último caso, que se concerte co alumnado outra
opción). Por unha banda, a proba presencial representa 4 puntos da nota final.
A devandita proba presencial, que se ha facer o día 1 de decembro de 2014,
consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos vistos nas
sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material
auxiliar. Por outra banda, as dúas tarefas presenciais representan cada unha
delas 1,5 puntos da nota final.

A profesora Domínguez Araújo encargarase de unha proba presencial e unha
tarefa presencial (agás, neste último caso, que se concerte co alumnado outra
opción). Por unha banda, a proba presencial representa 2 puntos da nota final.
A devandita proba presencial, que se ha facer o día 5 de decembro de 2014,
consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución. Por outra banda, a tarefa presencial representa 1 punto da nota
final.

O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de
xeito frecuente para a convocatoria da primeira edición de actas e tamén para a
convocatoria da segunda edición de actas, é unha proba única de pretradución
e/ou tradución por cada docente referida aos contidos do programa, con
posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos en formato
papel. A data da convocatoria da primeira edición de actas é o día 1 de
decembro de 2014 no caso da proba do profesor Dasilva Fernández e o día 5 de
decembro de 2014 no caso da proba da profesora Domínguez Araújo, mentres que a
data da convocatoria da segunda edición de actas será fixada polo Decanato.

A copia ou plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha
valoración final negativa.

O profesor Dasilva Fernández impartirá os seguintes temas contemplados coma
contidos da materia: Trazos singulares da combinación lingüística; Problemas
habituais na tradución de linguas próximas; A variedade cultural do espazo
lusófono e o labor tradutor. A profesora Domínguez Araújo impartirá o seguinte
tema contemplado coma contidos da materia: Prácticas de tradución.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000