Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Resolución, de modo autónomo, de encomendas que simulan as condicións da práctica profesional real. As probas, de carácter acumulativo, estarán distribuídas ao longo do período de docencia. 60
Observación sistemática Recensión crítica da lectura obrigatoria proposta de xeito individualizado e realización de probas de tradución, con tempo limitado, na aula. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 

Existen dous sistemas de avaliación: continua e única.

No primeiro sistema -avaliación continua- esíxese un mínimo de asistencia presencial do 80%, salvo casos excepcionais nos que a criterio do docente se poderá dispensar do cumprimento deste requisito.

Na avaliación do alumnado presencial, a cualificación determinarase conforme o seguinte criterio:

Asistencia e participación activa nas clases: 20%

Entrega de dúas encomendas: 50%

Realización dunha proba de exame: 30%

Para o alumnado que non asista con regularidade a clase, haberá unha proba de avaliación -única- que versará sobre os contidos do programa no seu desenvolvemento práctico. Esta proba consistirá basicamente na tradución directa de textos, para a cal se poderá utilizar calquera apoio bibliográfico e ferramenta de tradución.  A data desta proba será a da penúltima xornada lectiva segundo o calendario oficial do curso.

En calquera caso, a copia ou plaxio nas probas de exame suporá unha cualificación negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000