Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 20 C1
C2
C3
C4
C17
C21
C22
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Trátase de dous encargos de tradución a entregar na primeira semana de outubro e novembro, respectivamente. 30 C1
C2
C3
C4
C17
C21
C22
D23
Outras Exame final que incluirá unha tradución dunhas 300 palabras relativa ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. Será de 2 horas e pódense usar ordenador e dicionarios. 50 C1
C2
C4
C17
C21
C22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Corre por conta dos estudantes asegurarse de que posúen un nivel de linguas suficiente: as clases de tradución non son clases de lingua.

A avaliación é contínua. O exame final será o último día da clase. Para os alumnos que non queren o poden acollerse á avaliación contínua, o exame será de avaliación única. En xullo a avaliación é única. 

O exame final constará dunha tradución do alemán ao español (sobre 250-300 palabras). Pódese empregar calquera material de consulta, incluído ordenador.

O anterior vale tamén para as convocatorias de xullo, que tamén consistirá nunha proba de tradución do alemán ao español (sobre 250-300 palabras). O exame de xullo suporá o 100% da cualificación.

Non está permitido copiar nin plaxiar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000