Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Trátase de dous encargos de tradución; a asistencia regular a clases (80%) é condición necesaria. |
30 |
Corre por conta dos estudantes asegurarse de que posúen un nivel de linguas suficiente: as clases de tradución non son clases de lingua. A avaliación é contínua (é necesario o 80% de asistencia). Quen o prefira pode presentarse unicamente ao exame final que será o último día da clase, tanto para avaliación contínua como para única. O exame final para aqueles que opten pola avaliación única suporá o 100% da cualificación. O exame final constará dunha tradución do alemán ao español (sobre 250 palabras). Pódese empregar calquera material de consulta, incluído ordenador. O anterior vale tamén para as convocatorias de xullo, que tamén consistirá nunha proba de tradución do alemán ao español (sobre 250 palabras). O exame de xullo suporá o 100% da cualificación. Non está permitido copiar nin plaxiar. |