Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa
competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten
dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.
20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Trátase de dous encargos de tradución; a asistencia regular a clases (80%) é condición necesaria. 30
Outras Exame final que incluirá unha tradución dunhas 300 palabras relativa ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. Será de 2 horas e pódense usar ordenador e dicionarios. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Corre por conta dos estudantes asegurarse de que posúen un nivel de linguas suficiente: as clases de tradución non son clases de lingua.

A avaliación é contínua (é necesario o 80% de asistencia). Quen o prefira pode presentarse unicamente ao exame final que será o último día da clase, tanto para avaliación contínua como para única. O exame final para aqueles que opten pola avaliación única suporá o 100% da cualificación.

O exame final constará dunha tradución do alemán ao español (sobre 250 palabras). Pódese empregar calquera material de consulta, incluído ordenador.

O anterior vale tamén para as convocatorias de xullo, que tamén consistirá nunha proba de tradución do alemán ao español (sobre 250 palabras). O exame de xullo suporá o 100% da cualificación.

Non está permitido copiar nin plaxiar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000