Resolución de problemas e/ou exercicios |
Neste apartado realizaranse análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II , así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada
durante as sesións maxistrais. |
Traballos tutelados |
O alumno deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución presentadas nas
clases maxistrais, que será tutelado polo profesor. |