Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliaranse conxuntamente a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula e fóra da aula.
Para poder acollerse á avaliación continua, cómpre entregar a través da plataforma moovi un mínimo de 5 traducións nas datas indicadas pola profesora ou, no seu defecto, antes da corrección dos exercicios na aula.

10 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C14
D3
D4
D7
Traballo tutelado Avaliarase a preparación, o contido e o resumo.

Data límite da escolla do tema do traballo: 30 de outubro.
Data límite da presentación do estudo: na sesión 26 da materia
Data límtie da entrega da sinopse: 20 de decembro.
10 A2
A3
A4
C2
C3
D3
D9
D14
Presentación Presentarase o tema do traballo tutelado. Avalíase a preparación, o contido do tema e a competencia discursiva dos discentes nun contexto formal. 10 A2
A3
A4
C2
C3
D3
D9
D14
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a resolución dos problemas e os exercicios que se desenvolverán na aula (participación escrita e oral). A cualificación puntúa en Resolucion de problemas. 0 A1
A3
D3
D4
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó longo do semestre (250-300 palabras).
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
40 A1
A2
A3
A5
C2
C3
C4
C14
C17
D4
D7
D9
D17
Práctica de laboratorio Consistirá nunha proba de tradución dun texto de aprox. 250 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo das sesions 1ª-12ª.
Esta proba constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
30 A1
A2
A3
C4
C14
C17
C27
D3
D7
D9
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Lecturas obrigatorias (avaliación continua e única):

Schwartz, Simon. 2021. Drüben!. Berlin: Avant-Verlag.

Schote, Joachim. 2016. Grundwissen Politik,
Geschichte und Gesellschaft in Deutschland. Berlin.

Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación continua recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.
A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por
escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non
puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.

Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes do exame final. 

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.

Data da proba Práctica de laboratorio: sesión 13 da materia.

Data límite de entrega dos traballos tutelados: 20 de decembro.
Data do exame: A data e hora do exame da avaliación continua será na última sesión e coincidirá coa data e hora do exame de avaliación única establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de Facultade

Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolle á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

O exame constará dun exercicio de tradución de 250-300 palabras, e incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes da tradución do exame.

Convocatoria de xullo:
A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.

O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 -300 palabras, e incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes da tadución do exame final.

Penalizarase a copia e o plaxio.

É responsabilidade do alumnado consulta-los materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, así como estar informado das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000