Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliaranse conxuntamente a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula e en casa, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC.
Cómpre entregar os exercicios nas datas indicadas pola profesora ou, no seu defecto, antes da corrección dos exercicios na aula.
10 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C14
D3
D4
D7
Traballos de aula Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula e as prácticas de laboratorio.
10 A1
A2
A3
A4
C2
C4
C14
C17
D4
D17
Traballo tutelado Cf. o exposto no apartado de metodoloxía. A presentación do estudo (capacidade discursiva, incl. contidos) contará un
10 % (cf. infra "Presentacións/Exposicións); o resumo un 10% da nota total.
Data límite da escolla do tema do traballo: 17.10.2017
Data límite da presentación do estudo: 27.11.2017 e entrega da sinopse: 7.12.2017.
10 A2
A3
A4
C2
C3
D3
D9
D14
Presentacións/exposicións Ademais dos contidos expostos, avalíase a competencia discursiva dos discentes nun contexto formal. 10 A2
A3
A4
C2
C3
D3
D9
D14
Prácticas en aulas informáticas Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0 A1
A3
D3
D4
D7
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó longo do semestre (aprox. 250 palabras).
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet. A data e hora da proba de avaliación contínua coincidirá coa data e hora do exame de avaliación única.
60 A1
A2
A3
A5
C2
C3
C4
C14
C17
D4
D7
D9
D17
Probas de autoavaliación Teñen como finalidade comprobar o desenvolvemento da propia aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
C3
C4
D4
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia
mediante folla de sinatura. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir
estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.
A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por
escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non
puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.
A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.
Data de entrega dos traballos tutelados: cf. supra "Avaliación"
 A data e hora da proba de avaliación continua coincidirá coa data e hora do exame de avaliación única establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.
Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única (xaneiro):

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.
O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota
mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.
O exame constará dun exercicio de tradución de aproximadamente 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias
tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte
a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén
se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

Convocatoria de xullo:
A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.
O exame de xullo incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A
nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.
O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias
tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva.
A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de
consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de
información dispoñibles en internet. Os exercicios do exame realizaranse en papel.
Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000