Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 0 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C14
D3
D4
D7
Traballos de aula Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC.
0 A1
A2
A3
A4
C2
C4
C14
C17
D4
D17
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula ou en casa, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC. 15 A1
A2
A3
A4
C2
C3
C14
C17
D4
D7
D9
D14
D17
Traballos tutelados Haberá un traballo de entrega obrigatoria que consistirá nun traballo de investigación sobre unha tradución dun texto literario, científico ou divulgativo alemán ó galego. Este traballo, que se fará individualmente ou en grupos de 2 persoas (dependerá do número de alumnado matriculado na materia), deberá ser exposto na aula. A presentación do traballo (claridade do discursivo, etc.) contará un 3% (cf. infra "Presentacións/Exposicións), os contidos do traballo un 7%. A/O alumna/o contará coa
tutela da profesora. Entregaráselle ó alumnado e á profesora un resumo dos resultados ou aspectos máis importantes do traballo. Quedará ó dispor das/dos compañeiras/os nas TIC.
Data límite da escolla do tema do traballo: 20.10.2015
Data límite da presentación e entrega da sinopse: 21.12.2015.
10 A2
A3
A4
C2
C3
D3
D9
D14
Presentacións/exposicións Avalíase a competencia discursiva dos discentes nun contexto formal. 5 A2
A3
A4
C2
C3
D3
D9
D14
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0 A1
A3
D3
D4
D7
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó longo do semestre (aprox. 250 palabras).
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
70 A1
A2
A3
A5
C2
C3
C4
C14
C17
D4
D7
D9
D17
Probas de autoavaliación Teñen como finalidade comprobar o desenvolvemento da propia aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
C3
C4
D4
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. Neste sentido, a condición para ser avaliada/o será a asistencia asídua ás aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.
A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única.
A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.
 Data do exame: na última sesión do curso, entre o 12 e 21 de decembro de 2015.
Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na última sesión do curso, entre o 12 e o 21 de decembro de 2015; a data fixarase antes de rematar o mes de abril e se publicará na plataforma da materia no apartado "Anuncios".
O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.
O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. O exame de xullo incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva.
A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

A copia ou o plaxio nos traballos tutelados, nos exercicios e nas probas serán penalizados.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000