Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
Materias
Tradución idioma 2, II: Alemán-Galego
Avaliación
Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 10
Traballos de aula

Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC.

5
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC. 10
Traballos tutelados Haberá dous traballos de entrega obrigatoria; cada un dos cales contará

un 20%. O primeiro consistirá nun traballo de investigación sobre unha tradución dun texto literario alemán ó galego. Este traballo, que se fará individualmente ou en grupos de 2 persoas (dependerá do número de alumnado matriculado na materia), deberá ser exposto na aula. A presentación do traballo (claridade do discursivo, etc.) contará un 5% (cf. infra "Presentacións/Exposicións), os contidos do traballo un 15%. O segundo consistirá nunha encomenda de tradución. En ambos os casos, a/o alumna/o contará coa

tutela da profesora. A porcentaxe da avaliación é a suma do traballo de investigación (15% +5% presentación) e da encomenda que terá unha extensión dunhas 1000 palabras (20%).

Entregaráselle ó alumnado e á profesora un resumo dos resultados ou aspectos máis importantes do traballo. Quedará ó dispor das/dos compañeiras/os nas TIC.

Data límite da presentación e entrega da sinopse: 5 de novembro de 2012.

Data límite da entrega da encomenda: 5 de decembro de 2012.
35
Presentacións/exposicións Avalíase a competencia discursiva dos discentes nun contexto formal. 5
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó longo do semestre (aprox. 250 palabras).
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
35
Probas de autoavaliación Teñen como finalidade comprobar o desenvolvemento da propia aprendizaxe. 0

Outros comentarios sobre a Avaliación

A copia ou o plaxio nos traballos tutelados, nos exercicios e nas probas serán penalizados.

A condición para ser avaliada será a asistencia a un 80% das aulas. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente.

A alumna e o alumno que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo, debe realizar un exame para todos os contidos da materia.

Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ó exame oficial da materia que terá lugar na última ou penúltima semana do curso; a data fixarase antes de rematar o mes de novembro e se publicará na plataforma da materia FAITIC no apartado "Anuncios". A opción pola avaliación continua implica a renuncia por escrito á avaliación única. Enténdese que quen se presente ao exame final renuncia ás cualificacións conseguidas coas probas e traballos realizados durante o curso.

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información
dispoñibles en internet.

O alumnado debe comunicarlle á profesora o tipo de avaliación polo que optará ata pasado 2 semanas despois da matrícula, ou en calquera momento do curso por causas de forza maior (traballo, enfermidade...).

O exame de xullo incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000