Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
Traballos de aula Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos ou de análise textual.
Traballos tutelados Inclúese neste apartado un traballo de entrega obrigatoria que verserá sobre unha tradución dun texto alemán ó galego. (filme, documental, texto literario, científico ou divulgativo etc.). Este traballo,
que se fará individualmente ou en grupos de 2 persoas (dependerá do número de alumnado matriculado na materia), deberá ser exposto na aula. Entregarase, ademais, un resumo dos resultados ou aspectos máis importantes do estudo. O resumo quedará ó dispor das/dos compañeiras/os nas TIC. Durante as horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
A/O alumna/o ten que
consensuar o tema deste estudo coa profesora.
Presentacións/exposicións O alumnado exporá o traballo de investigación realizado; haberá quenda de preguntas e debate.
Eventos docentes e/ou divulgativos Prevése a asistencia a eventos divulgativos como conferencias ou presentacións de programas de
estudo, segundo a programación das actividades da facultade.
Prácticas en aulas de informática Para estas prácticas precísase dispor de equipo informático con conexión a Internet. Farase sobre
todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas
básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000