Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua (10%).
Traballos de aula Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos ou de análise textual.
Prácticas autónomas a través de TIC Estas actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa práctica da tradución desenvolveranse a través das TIC de maneira autónoma.
Traballos tutelados Inclúese aquí o traballo de investigación que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua. Este traballo versará sobre un tema de literatura en lingua alemá e a súa tradución ó galego (análise de aspectos textuais e paratextuais dunha obra galega ou alemá traducida ou panorámica dunha época da literatura alemá e a súa recepción en Galicia) O alumnado contará coa tutela da profesora. Durante as horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións O alumnado exporá o traballo de investigación realizado; haberá quenda de preguntas e debate.
Eventos docentes e/ou divulgativos Prevése a asistencia a eventos divulgativos como conferencias ou presentacións de programas de
estudo, segundo a programación das actividades da facultade.
Prácticas en aulas de informática Para estas prácticas precísase dispor de equipo informático con conexión a Internet. Farase sobre
todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas
básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000