Guia docente 2025_26
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización de actividades de distinto tipo, tanto na aula como fóra dela, que o alumnado deberá entregar puntualmente. Será necesario entregar o 80 % das actividades. 20 A3
C3
C4
C22
D4
D12
D22
Resolución de problemas de forma autónoma Realización dunha encarga de tradución individual ou en grupo. 20 A3
C3
C4
C22
D4
D12
D22
Resolución de problemas de forma autónoma Realización dunha encarga de tradución individual ou en grupo. 20 A3
C3
C4
C22
D4
D12
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dunha proba práctica. Esta poderá incluír tanto a tradución ou revisión dun texto, como a realización de
actividades sobre aspectos traballados nas sesións lectivas (incluídas as lecturas obrigatorias).
20 A3
C3
C4
C22
D4
D12
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dunha proba práctica. Esta poderá incluír tanto a tradución ou revisión dun texto, como a realización de actividades sobre aspectos traballados nas sesións lectivas (incluídas as lecturas obrigatorias). 20 A3
C3
C4
C22
D4
D12
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

As probas descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplican ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese:

  • Comunicarlle á docente por medio de Moovi a escolla deste sistema de avaliación antes do 30 de setembro.
  • Asistir con regularidade ás clases.
  • Realizar todas as encargas e probas nas datas establecidas.
  • Entregar puntualmente como mínimo o 80 % das actividades solicitadas pola docente.

Será necesario obter unha nota igual ou superior a 4 en cada unha das partes para que se apliquen as porcentaxes anteriores. Para aprobar a materia, a nota media deberá ser igual ou superior a 5.


AVALIACIÓN ÚNICA

O alumnado que non opte polo sistema de avaliación continua realizarán un exame na data oficial da convocatoria de xaneiro fixada pola Facultade que representará o 100 % da nota final e que constará das seguintes probas:

  • Unha proba práctica (60 %). Esta poderá incluír tanto a tradución ou revisión dun texto, como a realización de actividades sobre aspectos traballados nas sesións lectivas (incluídas as lecturas obrigatorias).
  • Unha encarga de tradución (40 %). O TO facilitarase o día do exame oficial marcado pola Facultade e a tradución deberá entregarse no prazo indicado pola docente.

Será necesario obter unha nota igual ou superior a 4 en ambas as partes para que se apliquen as porcentaxes anteriores. Para aprobar a materia, a nota media deberá ser igual ou superior a 5.


SEGUNDA OPORTUNIDADE (XUÑO/XULLO)

Para aprobar a materia na segunda oportunidade, o alumnado debe superar unha proba práctica e realizar unha encarga de tradución coas mesmas condicións que o exame de avaliación única e que se realizará na data oficial da convocatoria de xuño/xullo fixada pola Facultade.

Para aprobar a materia requírese unha media igual ou superior a 5 puntos, e obter polo menos un 4 en cada unha das probas. Excepcionalmente, poderase acordar que o alumnado se presente só ás partes que teña pendentes en segunda convocatoria.

Independentemente do sistema de avaliación escollido, non superará a materia quen incorra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Moovi, así como estar ao día das datas en que teñen lugar as probas de avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000