Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral
A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para os non asistentes), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de tradución (asistentes).
10 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE13
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. Para efectos de avaliación terase en conta a participación activa e será obrigatoria a entrega de TODAS as traducións en papel e na plataforma FAITIC debidamente identificadas para a súa corrección e avaliación definitiva: APELIDOS+NOME+NOME DO DOCUMENTO. 35 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT8
CT22
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma O día 05/12/2017 o alumnado recibirá unha encomenda para traducir de maneira autónoma na aula e en tempo controlado. Esa tradución será entregada e revisada na aula o día 12/12/2017 como preparación para o 2º exame.
Poderase usar documentación en papel e telemática
10 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT22
Probas de resposta curta Para avaliar a lectura da obra obrigatoria, realizarase unha PROBA ORAL na aula o último día de clase (12-12-2017). 10 CB1
CE4
CE13
CT12
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase na aula 1 proba de tradución en tempo limitado (1h 50') para comprobación das competencias adquiridas ao longo do cuatrimestre.

Ver data oficial na páxina web da FFT (periodo de exames)

Poderase usar documentación en papel e telemática.
35 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT8
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio será motivo de suspenso.

O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora.  O alumnado que non respecte os prazos será avaliado (en avaliación única) mediante as probas que se describen máis abaixo.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo-data oficial publicada na web da FFT). 

Especifícanse a continuación as condicións:

A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (AVALIACIÓN ÚNICA)

1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso ( 25% da nota) que se realizará o mesmo día da proba con tempo limitado. Ver data oficial publicada na web da FFT

2. Tradución na aula con tempo limitado (1h 50') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 35% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT

3.Encomenda de tradución comentada que o alumnado recibirá o día da proba con tempo limitado (ver data oficial publicada na web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota

B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso (25% da nota) que se realizará  o mesmo día da proba con tempo limitado na aula. Ver data oficial publicada na web da FFT

2. Tradución na aula con tempo limitado (1h 50') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 35% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT

3.Encomenda de tradución comentada que o alumnado recibirá o día da proba con tempo limitado (ver data oficial publicada na web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000