O plaxio será motivo de suspenso. O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non respecte os prazos será avaliado (en avaliación única) mediante as probas que se describen máis abaixo. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo-data oficial publicada na web da FFT). Especifícanse a continuación as condicións: A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (AVALIACIÓN ÚNICA) 1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso ( 25% da nota) que se realizará o mesmo día da proba con tempo limitado. Ver data oficial publicada na web da FFT 2. Tradución na aula con tempo limitado (1h 50') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 35% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT 3.Encomenda de tradución comentada que o alumnado recibirá o día da proba con tempo limitado (ver data oficial publicada na web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) 1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso (25% da nota) que se realizará o mesmo día da proba con tempo limitado na aula. Ver data oficial publicada na web da FFT 2. Tradución na aula con tempo limitado (1h 50') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 35% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT 3.Encomenda de tradución comentada que o alumnado recibirá o día da proba con tempo limitado (ver data oficial publicada na web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota |