O plaxio será motivo de suspenso. O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non respecte os prazos será avaliado (avaliación única) mediante as probas que se describen máis abaixo para non asistentes. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo). Especifícanse a continuación as condicións: A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS PARA NON ASISTENTES 1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota 2. Tradución con tempo limitado (1h 45') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 35% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática. 3.Encomenda de tradución comentada que recibirá o alumnado o día da proba con tempo limitado (14-12-2015) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota 4.PROBA ORAL que se realizará na semana do 18-12-2015 B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) 1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota 2. Tradución en tempo limitado (1h 45') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 40% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática 3. Encomenda de tradución comentada que recibirá o alumnado o día do exame oficial e día da proba na aula en tempo limitado (páxina web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota. 4.PROBA ORAL que se fixará o día da tradución en tempo limitado |