Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para os non asistentes), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de tradución.
10
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. Para efectos de avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a entrega de todas as traducións na plataforma FAITIC debidamente identificadas para a súa corrección e avaliación definitiva: APELIDOS+NOME+NOME DOCUMENTO. 25
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado deberá elaborar traducións fóra da aula baixo as directrices e supervisión da profesora. 25
Probas de resposta curta Ficha para avaliar a lectura da obra obrigatoria. PROBA ORAL. 5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse na aula dúas (2) probas de tradución en tempo limitado (2:00h cada proba).
- A primeira contará 10% e a segunda 25%.
- A 1ª (10%) coincidirá co último día de aulas antes do periodo de traballo autónomo (17-10-2014)
- A 2ª (25%) coincidirá co penúltimo día de aulas do 1º cuadrimestre (05-12-2014).
Poderase usar documentación en papel e telemática.
35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio será motivo de suspenso.

O alumnado deberá informar á docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo). 

Especifícanse a continuación as condicións:

A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS PARA NON ASISTENTES

1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución con tempo limitado (2:00 h) dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 40% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática.

3.Encomenda de tradución que recibirá o alumnado o día da proba con tempo limitado (05-12-2014) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota

B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución en tempo limitado (2:00 h) dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 40% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática

3. Encomenda de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e día da proba na aula en tempo limitado (páxina web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000