Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para os non asistentes), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de traducción.
<br><br>
10
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. Para efectos de avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a entrega de 4 traducións para a súa corrección e avaliación. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realizaranse e entregaranse dúas (2) encomendas de tradución que recollerán as dificultades e especificidades das traducións que se realizaron nos traballos de aula. 40
Probas de resposta curta Ficha para avaliar a lectura da obra obrigatoria. 5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse na aula dúas (2) probas de tradución con tempo limitado (1:30h cada proba). A primeira contará 10% e a segunda 25%. A segunda coincidirá co penúltimo día de aulas ou coa última semana.
<br><br>Poderase usar documentación en papel e telemática.
35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio será penalizado coa calificación de suspenso.


O alumnado deberá informar ao docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais.


O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo nas condicións que se especifican a continuación:


1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota


2. Tradución con tempo limitado (1:30 h) dunha extensión aproximada de 500 palabras: 40% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática


3. Encomenda de tradución que recibirá o alumnado o penúltimo día de aulas ou a última semana e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota


Será preciso aprobar cada unha das partes para poder facer a media.


CONVOCATORIA ORDINARIA  E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OFICIAL DE XULLO


O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase en decembro nas mesmas datas que os alumnos asistentes é dicir o penúltimo día de aulas ou última semana e/ou en xullo na data oficial establecida pola facultade a unha proba que consistirá en:


1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota


2. Tradución con tempo limitado (1:30 h) dunha extensión aproximada de 500 palabras: 40% da nota. Poderase usar documentación


3. Encomenda de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000