Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que deberá desenvolver o alumnado.
Traballos de aula O alumnado elabora e revisa traducións na aula baixo as directrices e supervisión da docente. Esta actividade estará vinculada ó seu desenvolvemento con actividades autónomas do alumnado.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma O alumnado realizará individualmente encomendas de tradución que reproducen situacións reais da actividade profesional. Para isto, aplicarán os coñecementos e habilidades adquiridos durante os traballos de aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000