Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Realizaranse traducións/exercicios sobre cultura dos países anglófonos na aula periodicamente.
Prácticas autónomas a través de TIC Cada unidade terá unha batería de exercicios/problemas de tradución que os alumnos deberán realizar individualmente ou en grupos, dependendo das instrucións dadas en clase. Esta tarefa poderán realizala na aula ou en biblioteca, titorizados en tempo real a través de faitic pola profesora.
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada unidade terá unha batería de exercicios/problemas de tradución que os alumnos deberán realizar individualmente ou en grupos, dependendo das instrucións dadas en clase. Esta tarefa poderán realizala na aula ou en biblioteca, titorizados en tempo real a través de faitic pola profesora.
Sesión maxistral A profesora presentará os contidos teóricos mediante presentacións de power point. Serán sesións, en calquera caso, moi participativas con abundantes estudos de caso que clarifiquen os puntos teóricos.
Traballos tutelados Os alumnos han de realizar unha encomenda de tradución cuxas instrucións se darán na derradeira sesión do curso. Disporán dunha semana para entregalo.
Actividades introdutorias A profesora explicará detalladamente a guía docente, con especial atención ao apartado de contidos e avaliación. Os alumnos de intercambio haberán de realizar unha proba de nivel. Dependendo dos resultados, recomendaráselles (ou non) matricularse na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000